Contacto y sugerencias

Volve á TVG "Vaia Troula", guía imprescindible para seguir o ritmo trepidante das festas do verán galego

, por

Nieves Rodríguez, acompañada por Paula Señarís, Alicia Lombán e Bernardo Montaña, comezan a nova tempada desde a Festa do Boi, de Allariz

Santiago, 10.06.2012.- Coa mesma premisa de que a festa non pare, e como guía imprescindible para seguir o verán galego, hoxe regresa á TVG “Vaia Troula”, o programa que por cuarta tempada vivirá as festas galegas a pé de rúa, como un escenario vital de ledicia e lecer da xente. “Vaia Troula” que vai afrontar o ritmo trepidante do verán galego, volve traballar a pé de campo para achegarse ás distintas localidades que van ser visitadas polos seu protagonismo festeiro, con reportaxes, entrevistas á xente do lugar e moita música e historias curiosas que acapararán os contidos de cada edición.

O equipo de “Vaia Troula” estará guiado pola presentadora Nieves Rodríguez, quen para percorrer o verán festeiro galego estará acompañada por Paula Señarís, Alicia Lombán e Bernardo Montaña, que vivirán cada festa de primeira man para contárllela a todos os galegos cada domingo. Con esta consigna, as cámaras do programa viaxarán por todas as festas, actos e celebracións de Galicia na procura de distintos ambientes e tradicións, constatando como se viven os momentos de ledicia e as expresións de xúbilo da xente do lugar.

Nesta primeira entrega da nova tempada Nieves Rodríguez daralles a benvida desde a festa do Boi de Allariz, unha cita con moita sona e tradición na vila alaricana e a súa contorna.

Acompañada pola música de Sabela, María Chenlo e Dani Ríos e a Orquestra Suavecito, a presentadora  dará paso a outras festas como a celebración do Corpus en Ponteareas, Ares e en Arzúa, Melide e O Pino. Paula, Alicia e Bernardo contaranlles como viven os veciños destas localidades esta festa relixiosa.

Esta semana, os reporteir@s tamén compartirán cos espectadores da TVG as festas da Coca, de Redondela; o día da Muiñeira,de Pontedeume, a saída por primeira vez en procesión do Cristo na Lama; o boi infantil, de Allariz; un xantar popular na Estrada como celebración do San Isidro; a despedida dos mariñeiros de Burela coa súa Virxe do Carme para ir á campaña do bonito, e as Festas de Santa Xuliana, en Curtis. 

Otras notas de esta fuente
Notas de prensa relacionadas
 

Ayúdanos a mejorar Presspeople con tus sugerencias y comentarios sobre el funcionamiento o el diseño de la web