Contacto y sugerencias

Cultura e Educación, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, organiza actividades infantis no mes de xullo

, por

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Pública Galega Camilo José Cela organiza actividades infantís ao longo do mes de xullo.

Deste xeito, e coincidindo co comezo do período estival, a Fundación porá as súas instalacións a disposición das nenas e nenos unha xincana de xogos populares que terán lugar todos os venres do vindeiro mes entre as 11:30 e as 13:30 h.

Tratase de xogos tradicionais con doses de precisión, habilidade, e aqueles cos que o autor galego se divertía na súa infancia. A maioría das actividades serán elaboradas con materiais reciclados e reaproveitados, algúns descoñecidos pero todos eles pensados para a diversión dos máis mozos.

Baixo o lema, El juego de los madroños –homónimo dun título recompilatorio de artigos de prensa do escritor- as nenas e nenos, agrupados por equipos, terán que esforzarse por conseguir o maior número de probas realizadas con éxito, apuntándose na súa ficha un madroño.

Os nenos, que deberán de acudir acompañados dun adulto, ambos con entrada gratuíta, serán os auténticos protagonistas desta actividade, valorada positivamente polos escolares de toda Galicia que xa a realizaron en convocatorias anteriores.

Os interesados poderán apuntarse vía telefónica chamando aos teléfonos XXX XXX XXX/ XXX XXX XXX, vía correo electrónico en camilinhojosesinhogmail [dot] com ou persoalmente na sede do Museo da Fundación en Iria Flavia.

Para ter máis información pódese consultar o blog

http://camilinhojosesinho.blogspot.com.es.

Otras notas de esta fuente
Notas de prensa relacionadas
 

Ayúdanos a mejorar Presspeople con tus sugerencias y comentarios sobre el funcionamiento o el diseño de la web