Secretaría Nacional
galiza@cig-ensino.com
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 10, 1º
15703-SANTIAGO
CONVOCATORIA PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
CONCENTRACIÓN DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DO ENSINO DIANTE DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN
DATA: Mércores 2 de Maio
HORA: 11:30 horas
LUGAR: Diante da Consellería de Educación (Xunta de Galiza)
As organización sindicais do ensino público celebrarán o próximo Mércores 2 de Maio unha concentración de delegados e delegadas diante da Consellería de Educación, en San Caetano, para:
-Denunciar publicamente que as medidas recollidas no RD Lei 14/2012 de 20 de abril de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo supoñen unha grave invasión das competencias que lle corresponden á Consellaría de Educación.
-Denunciar que o ensino público galego sufriu até o de agora reiterados recortes que se traduciron na perda de profesorado, empeoramento das condicións laborais e redución da dotación dos centros.
-Esixir da Consellaría que non aplique ningunha das medidas recollidas no RD Lei e que o recorra ante os tribunais.
Santiago, 30 de abril de 2012
Secretaría de prensa da CIG-Ensino
