Contacto y sugerencias

Lete Lasa asegura que as distincións ao mérito deportivo demostran que o deporte galego “sabe dos vosos méritos, recoñece os vosos esforzos e agradece a vosa única e irrepetible achega a este común patrimonio de Galicia que é o seu deporte”

jueves, 24 mayo 2012, 20:11, por Xunta de Galicia

NOME

APELIDOS

DEPORTE

MERITO

ANO NACEM.

ANO FALEC.

LUGAR NACEM.

MARÍA

ABEL DIÉGUEZ

ATLETISMO

Participou nos Xogos olímpicos de Sidney´00 (30ª nos 10.000m) e Atenas´04 (27ª en maratón). Ten unha importante traxectoria en probas de fondo, participando nos Campionatos do Mundo do ano 1999 (14ª en 10.000m), 2001 (25ª en maratón) e 2003 (15ª en maratón).

1974

Lugo

AMANCIO

AMARO VARELA

FÚTBOL

Gañador da Eurocopa de 1964. Gañador do Balón de Bronce en 1964. 42 veces internacional coa selección española. Gañou nove ligas e unha Copa de Europa. Foi dúas veces pichichi. Iniciouse no Victoria de A Coruña. Xogou catro tempadas no Deportivo de A Coruña e catorce no Real Madrid.

1939

A Coruña

ÁNXELES

BARREIRO RICO

ATLETISMO

Participou nos Xogos olímpicos de Barcelona´92 (12º posición en lanzamento de disco). Internacional en 58 ocasións. Obtivo dúas medallas de prata e unha de bronce nos Xogos Iberoamericanos. Foi campioa de España es 11 ocasións. É a actual plusmarquista española.

1963

Boimorto

JOSÉ ALFREDO

BEA GARCÍA

PIRAGÜISMO

Participou en catro Xogos olímpicos: Barcelona´92 (15º en C1 1000m), Atlanta´96 (7º en C2 500m e 8º en C2 1000m), Sidney´00 (4º en C2 500m e 9º en C2 1000m), Atenas´04 (14º en C2 500m e 7º en C2 1.000m). Dende o ano 2009 é presidente da Federación galega de piragüismo.

1969

O Grove

JOSÉ MANUEL

BERMÚDEZ GARCÍA

REMO

Participou en catro Xogos olímpicos: Moscú´80 (4º no catro con timonel), Los Ángeles´84 (4º no dous con timonel), Seúl´88 (7º no dobre scull), Barcelona´92 (9º no catro scull). Adestrador do equipo olímpico español en Atlanta´96 e Sidney´00.

1958

Vigo

PEDRO

CAMPOS CALVO-SOTELO

VELA

Un dos principais regatistas españois. 14 títulos mundiais, 22 triunfos en regatas de Copa América. 100 triunfos en regatas internacionais. Dende 1999 é presidente do RCN de Sanxenxo. É Director xeral do Team Telefónica. Foi un dos artífices de que Galicia acollese, no ano 2005, a saída da Volta ao Mundo a Vela.

1950

Cuntis

ANTONIO

CID CORTÉS

BOCCIA

Participou en catro Xogos paralímpicos, obtendo seis medallas: Barcelona´92 (1º en individual e 1º en equipos), Atlanta´96 (1º en equipos), Sidney´00 (2º individual e 2º en equipos), Atenas´04: (participante en individual e 3º en equipos).

1954

Xunqueira de Espadanedo

LUÍS

CID PÉREZ

FÚTBOL

Coñecido por "Carriega". Adestrador de fútbol en varios equipos da primeira divsión. Máis de 300 partidos seguidos dirixidos na máxima división nacional (RC Celta de Vigo, Atlético de Madrid, Sevilla CF. Real Zaragoza, Real Betis e Sporting de Gijón).

1942

Allariz

RAMÓN

COLLAZO PAZOS

BALONMAN

No ano 1955 comeza a súa traxectoria como árbitro, daquela xogaban once xogadores por equipo. Pasou por todas as categorías ata chegar, no ano 65, á máxima categoría nacional. O seu primeiro partido internacional foi en 1970. Arbitrou en Campionatos de Europa e do Mundo. Presidente do Comité de competición e do Comité de árbitros da Federación galega de balonmán. Director da Escola nacional de árbitros.

1939

Vigo

JUAN

FERNÁNDEZ GARCÍA

BALONCESTO

Co-fundador, no ano 1982, da Liga ACB, sendo posteriormente o seu terceiro presidente. Durante 34 anos foi presidente do OAR Ferrol, club que militou trece anos na máxima categoría do baloncesto español e que xogou por tres ocasións a Copa Korac.

1940

Ferrol

JOSÉ

FIDALGO VELOSO

FÚTBOL

Gañador da Eurocopa de 1964. A súa carreira deportiva comezou no Eiriña e no Barquiñas. Xogou no Celta de Vigo, no Compostela, dúas tempadas no Deportivo de A Coruña e catro no Real Madrid.

1937

Santiago de Compostela

LUÍSA MARÍA

GARCÍA PENA

ATLETISMO

15 veces campioa de Epaña de atletismo. Internacional absoluta en atletismo, balonmán e hóckey herba. Recoñecida en 1967 como mellor deportista española. En 1970 marcha a Alemania e segue practicando diferentes deportes.

1947

Vigo

JAIME

GONZÁLEZ CHAS

TIRO OLÍMPICO

A TÍTULO PÓSTUMO - Participou en catro Xogos olímpicos, na proba de precisión 25 m: Mexico´68 (31º), Munich´72 (5º), Montreal´76 (20º), Moscú´80 (22º).

1933

2011

A Coruña

JESÚS

HERMIDA CEBREIRO

Ex secretario de estado para el Deporte (1980-83). Ex presidente do Comité olímpico español (1980-1983). Foi asesor do comité executivo da Fed. Int. de deporte universitario (FISU). Condecorado polo Goberno coa medalla de ouro da Real Orde ao Mérito deportivo. Doctor honoris causa pola Universidade de Mexico. Medalla ao mérito deportivo de Portugal e Iugoslavia. Cabaleiro da Orden da República de Italia. Xestionou as transferencias do Estado a Galicia. Foi atleta na Sociedade ximnástica de Pontevedra.

1933

Santiago de Compostela

ISIDORO

HORNILLOS BAZ

ATLETISMO

Participou nos Xogos olímpicos de Moscova´80 en 400m e 4x400 m. Campión e recordman de España en catro disciplinas. Internacional en máis de 35 ocasións. Plusmarquista galego actual en oito probas. Presidente da Fed. Galega de Atletismo dende o 2007, tras ocupar o cargo de director técnico durante 15 anos. Membro da xunta de goberno da Real Fed. Española de Atletismo. Doutor en Educ. Física e profesor da Facultade de CC do Deporte e da Educ. Física (Universidade da Coruña). Diferentes publicacións no ámbito deportivo así como director do programa da TVG2, Citius Altius Fortius. Foi adestrador de atletas internacionais e preparador físico do Liceo Club Hockey.

1957

Castronuño

VICENTE

LEIRACHÁ ANEIROS

Representa a esencia do periodismo deportivo. A súa carreira profesional comezou, con 20 anos, en La Voz de Galicia, pasando por diferentes postos durante os case setenta que estivo en activo, ata compaxinar as tarefas de subdirección do diario coas de xefe de Deportes. Con 85 anos, logo de ter escrito sobre os principais acontecementos futbolísticos mundiais, segue escribindo unha columna de opinión diaria baixo o título Punto de Mira.

1927

Valdoviño

JUAN MANUEL

LOPEZ MELLA

MOTOCICLISMO

TÍTULO PÓSTUMO. Participa en importantes carrerias de velocidade a finais da década dos 80 e principios da dos 90. Obtivo varios campionatos de España, destacando o de Superbikes do ano 91 no que gaña sete probas. Foi o primeiro piloto español en acadar un pódium no Campiontato do Mundo de Superbikes.

1965

1995

Lugo

MARCELINO

MARTÍNEZ CAO

FÚTBOL

Gañador da Eurocopa de 1964. Participou na Copa do Mundo de 1966. 14 veces internacional coa selección española. Iniciouse no Galicia de Meá para pasar ao Rácing de Ferrol. Xogou no Real Zaragoza entre 1959 e 1970.

1940

Ares

ENRIQUE

MÍGUEZ GÓMEZ

PIRAGÜISMO

Participou en tres Xogos olímpicos, obtendo a medalla de bronce nos do ano 1984: Los Ángeles´84 (3º en C2 500m e 6º en C2 1000m), Seúl´88 (participou en C2 500m), Barcelona´92 (participou en C2 500m). Obtivo numeros títulos de campión de España.

1966

Tui

ROSA

MONTOIRO

BALONCESTO

Responsable deportiva do Club deportivo Compañía de María de Vigo. Leva mais de 40 anos como referente do baloncesto feminino de base en Vigo, inculcando as valores propios do deporte entre a poboación escolar, co obxectivo do desenvolvemento integral da persoa.

Santiago de Compostela

GREGORIO

PÉREZ RIVERA

ATLETISMO

TÍTULO PÓSTUMO. Fundou a Federación lucense de atletismo no ano 1958. Pioneiro no impulso do atletismo lucense, creando unha escola de lanzadores de gran relevancia no ámbito nacional, destacando atletas como Tallón, Martínez, Cabanas, Torrón, Almudí, Díaz e Rodríguez Santos.

1914

1978

A Coruña

SEVERINO

REIJA VÁZQUEZ

FÚTBOL

Gañador da Eurocopa de 1964. Participou nas Copas do Mundo de 1962 e 1966. Internacional en 24 ocasións. Os seu comezos foron no Salesianos de Lugo. Xogou no Deportivo de A Coruña e dez anos no Real Zaragoza.

1938

Lugo

ESTANISLAO

REVERTER SEQUEIROS

AUTOMOBILISMO

A TÍTULO PÓSTUMO. Recoñecido como un dos pioneiros do automobilismo en Galicia. Ex piloto de ralis da década dos 70. Impulsor do Rali de Ourense, director da Escudería Ourense e coñecido tamén pola construción do Renault "Alpinche".

1929

1991

Ourense

RAÚL

REY FORMOSEL

CICLISMO

Participou en tres Tour de Francia e cinco Vueltas a España. Militou no Kas, Licor 43 e Ferrys. Gañador da subida ao Naranco.

1936

Ourense

FAMILIA

RODRÍGUEZ

BALONMÁN

Octavio Rodríguez fundou, no ano 1966, o Club Academia Octavio. O seu fillo Javier é o quinto presidente da entidade, sendo o cuarto membro da familia que asume a presidencia. En 1975 acada o ascenso á máxima categoría do balonmán español. Anos despois xogan as semifinais desta competición e, no ano 1995, a final da Copa de SM El Rey. En tres tempadas xogaron competición europea. A familia Rodríguez, pola súa aposta continuada por este club, representa un gran activo para o balonmán galego.

JOSE MANUEL

RODRÍGUEZ DÍAZ

ATLETISMO

Coñecido por "Palelas". Especialista en mediofondo en activo nas décadas do 50 e 60. Primeiro atleta da provincia de Lugo que formou parte dunha selección española. Un dos primeiros deportistas galegos en adestrar na residencia Blume en Madrid. Foi presidente da Federación lucense de atletismo ata a súa desaparición, pasando a ser delegado en Lugo e vicepresidente da Federación galega de altetismo ata o ano 2007. Colaborador do Deporte escolar dende 1978 ata 2007.

1939

Lugo

VICENTE JOSÉ

RODRÍGUEZ GARCÍA

BALONCESTO

Coñecido por "Cholas". Adestrador da primeira Selección española feminina de baloncesto que acadou a clasificación para uns Xogos olímpicos (Atenas 2004: 6º posto). Terceiro posto nos Eurobasket 2001 e 2003. Quinto posto no Mundobasket 2002. Adestrador do RC Celta feminino e do RC Celta masculino, entre outros. Varios títulos de campión de España.

1952

Vigo

MARÍA HILDA

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

BOCCIA

Única galega medallista nuns Xogos paralímpicos. En Atlanta´96 obtivo dúas medallas de ouro en boccia. No campionato do Mundo de 1994 obtivo dúas medallas de ouro, e nos de 1998 unha de prata. A súa carreira deportiva iniciouse no club Auxilia Lugo, en atletismo.

1955

Portomarín

FERNANDO

ROMAY PEREIRO

BALONCESTO

Participou en dous Xogos olímpicos, obtendo a medalla de plata nos de 1984: Moscú´80 (4º) e Los Ángeles´84 (2º). Participou en tres Mundobasket e en catro Eurobasket. Foi 174 veces internacional. Xogou no Real Madrid dende 1976 ata 1993. Gañou sete ligas, cinco Copas de SM El Rey e dúas Copas de Europa. Posúe o récord de tapóns na liga ACB con 677. Tamén xogou no OAR Ferrol e no Zaragoza.

1959

A Coruña

LUIS

SORIA MONTERO                                    

FÚTBOL

60 anos neste deporte. Xogador ata os 25 anos. Despois estivo 25 anos de adestrador. Dende hai 20 anos preside a Asociación O Afiador, adicada á formación de adestradores. Colabora co CD Ourense. Medalla de ouro da Federación Gallega de Fútbol. Adestrador de diferentes equipos da provincia de Ourense, entre eles o Ribadavia Atlético, Celanova e o Verín.

1935

Ourense

JOSÉ

VÁZQUEZ PÁJARO

TÍTULO PÓSTUMO - Primeiro director do Centro galego de tecnificación deportiva, en Pontevedra. Ocupou este posto dende o ano 1987 ata o 2002, cando se xubilou ao cumprir 70 anos. O CGTD converteuse nun dos centros de referencia na tecnificación deportiva en España. En anos anteriores ocupara cargos de xefe de estudos e de director en colexios menores de Vitoria e Ourense. Foi profesor de Educación física nos Salesianos de Ourense, na escola de maxisterio de Vitoria e no Instituto politécnico de Pontevedra.

1932

2003

A Estrada

IRMÁNS

VEIGA GONZÁLEZ (Constancio e Antonio)

MONTAÑISMO

Constancio Veiga comezou a practicar montañismo no ano 1945. El e o seu irmán Antonio déronse de alta en 1947 no Club Montañeiros Celtas. Constancio foi profesor na Escola española de alta montaña e desenvolveu durante 30 anos unha importante labor de promoción entre a poboación infantil. Percorreu os macizos españois e portugueses na súa práctica totalidade.

1931 Constancio e Antonio 1935

2011 (Constancio)

Vigo

FRANCISCO

VILLAR GARCÍA-MORENO

TÍTULO PÓSTUMO - Ex secretario de estado para el Deporte (1999-2000). Durante o seu mandato organizouse en España o Campionato do Mundo de atletismo en Sevilla e a Universíada en Málaga. Vigués nado en Madrid, foi director xeral do Servizo galego de saúde. Condecorado polo Goberno coa medalla de ouro da Real Orde ao Mérito deportivo.

1948

2011

Madrid

BEGANO, concesionario Coca-Cola

Inicia a súa actividade empresarial no ano 1959. Dende entón o seu compromiso e implicación coa sociedade galega é continuo, fomentando e apostando polos hábitos de vida saudables e polos valores sociais no deporte, a cultura e o medio ambiente.

CB BREOGÁN SAD

BALONCESTO

Camiño do medio século de historia, o CB Breogán (Lugo 1966), é un dos clubs históricos do baloncesto en Galicia e España. Estivo máis de 22 tempadas na máxima categoría nacional. Nomes como o internacional lucense Manel Sánchez; Velimir Perasovic, Devin Davis ou Cherlie Bell -entre outros moitos- forman parte da historia dun club que é un dos símbolos da cidade das murallas. O Breogán loita por volver á ACB co respaldo incansable da súa masa social.

CLUB AMFIV

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

O club Asociación de minusválidos físicos de Vigo fundouse en 1982. Rafa, Oswaldo, Carlos, Pablo, Paco, Tino e Corrales iniciaron un proxecto para acadar a integración social das persoas con algunha discapacidade física. Baixo o lema "Á integración a través do deporte", son xa 30 anos desenvolvendo actividades tanto co seu equipo de alta competición como nas súas escolas deportivas. Na modalidade de baloncesto en cadeira de rodas obtiveron tres subcampionatos de Europa, un subcampionato de Copa de SM El Rey e un terceiro posto na Liga española.

CRTVG

Os medios públicos que integran a CRTVG cumpriron xa 27 anos exercendo un papel esencial para a visibilización e promoción do deporte galego en todas as súas expresións e niveis.

OCÉANO SURF CLUB

SURF

Fundado en 1987. Vicente Irisarri, Carlos Bremón, Gonzalo Barro, Maria del Carmen Aguilar e Fernando Gómez crearon o primeiro club de surf de Galicia. Meses despois organizaron o primeiro PantínClassic, proba das series mudiais de surf que, neste ano 2012, celebra a súa 25ª edición. O incipiente desenvolvemento do surf galego non se entendería sen o traballo desta entidade pioneira en Galicia.

SPORTING CLUB CASINO DE A CORUÑA

Fundado en 1890. Club pioneiro na implantación e desenvolvemento de actividades deportivas destacando, dende a súa orixe, os deportes náuticos. En 1908 organiza o primeiro Open de tenis, e tamén competicións de hóckey herba e a patíns. Na actualidade segue a desenvolver unha importante actividade deportiva, contando con 4.000 socios e 12.500 usuarios.

Ayúdanos a mejorar Presspeople con tus sugerencias y comentarios sobre el funcionamiento o el diseño de la web