Contacto y sugerencias

NOTA DE PRENSA: A CIG-Ensino demanda a Consellaría de Educación por negarlle a revisión médica anual a preto de 33.000 docentes

lunes, 30 abril 2012, 13:24, por Confederación Intersindical Galega (CIG) Ensino

Secretaría Nacional

galiza@cig-ensino.com

Rúa Miguel Ferro Caaveiro, nº 10, 1º

15703-SANTIAGO

A CIG-Ensino demanda a Consellaría de Educación por negarlle a revisión médica anual a preto de 33.000 docentes

Denuncia no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza este incumprimento flagrante da Lei de Prevención de Ricos Laborais

A CIG-Ensino ven de presentar demanda de conflito colectivo diante da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polo incumprimento permanente da Lei 31/1995 de

Prevención de Riscos Laborais por parte da Consellaría de Educación. Desde hai 17 anos, ao profesorado galego vénselle negando o dereito, recollido no artigo 22, á revisión médica periódica da saúde, recoñecido a todos os traballadores e traballadoras.

Este dereito, como non podía ser doutra maneira, ofréceselle a todos/as empregados/as da Xunta de Galiza, incluído o persoal funcionario e laboral non docente, pero exclúese do seu exercicio a preto de 33.000 docentes que desempeñan a súa función a cargo da Consellaría de Educación. Concúlcase así de maneira flagrante a Lei de Prevención de Riscos Laborais.

A CIG-Ensino xa ten esixido a cobertura deste dereito en repetidas ocasións á Consellaría de Educación sen que até o de agora fose atendida esta demanda. Por esta razón, no ano 2008, presentamos no Valedor do Pobo unha queixa, á que a Consellería de Educación respondeu que estaba a avaliar os custes e a catalogar os riscos para poder ofrecer ao persoal docente a posibilidade de facer revisións médicas.

Pasaron xa 3 anos e medio desde esa contestación ao Valedor do Pobo e Educación segue sen prestar a cobertura dese dereito, dispensando desta maneira un trato discriminatorio a un colectivo de aproximadamente 33.000 traballadores/as que non pode facer as revisións médicas que regula o artigo 22 da Lei.

Que a CIG-Ensino se vexa obrigada a presentar unha demanda de conflito colectivo ante o TSXG, é unha mostra máis da desconsideración e o desprezo co que esta Consellaría trata aos seus traballadores e traballadoras, pois, nin sequera, posibilita o exercicio dun dereito -o da revisión médica- que desde hai 17 anos, a lexislación laboral obriga a cumprir a todas as empresas e administracións.

Compostela, luns, 30 de abril de 2012

Secretaría de prensa da CIG-Ensino

WORD preview

Ayúdanos a mejorar Presspeople con tus sugerencias y comentarios sobre el funcionamiento o el diseño de la web