Contacto y sugerencias

NOTICIAS A Concellería de Educación organiza un pioneiro taller de animación á lectura con cans

, por

venres, 16 de xaneiro de 2015
"A Concellería de Educación organiza un pioneiro taller de animación á lectura con cans "

 

Desenvólvese durante tres sábados na Biblioteca Municipal do Grove e participan un total de 25 nenos e  nenas

O Programa READ de lectura con cans, pioneiro en España, atopa no Grove un dos primeiros concellos galegos que apostan por esta actividade

 

Un grupo de oito nenos inauguran este sábado un novo taller de lectura con cans, grazas á iniciativa da Concellería de Educación e do Programa READ España. Trátase dun programa de lectura asistida e educativa, no que os nenos gozarán lendo en compañía da cadela de rada labrador Guinda.

 

En total serán 25 os alumnos da actividade extraescolar Coñecendo e gozando da biblioteca que terán a oportunidade de participar nesta iniciativa. Dividiranse en tres grupos, que acudirán á actividade en tres días diferentes. O primeiro será este sábado, en horario de mañá (11.00 horas), na biblioteca municipal do Grove. Alí estará esperándoos Guinda, unha cadela labrador adestrada especialmente para este programa. Corrixe os nenos cando se equivocan na narración, e indícalles que poden seguir cando paran con leves toques coa súa pata. Os nenos, ademais de ler, terán que explicarlle á cadela determinadas palabras que non entende. 

 

Cada sesión contará coa participación de oito nenos, que elixirán o libro que lle van ler a Guinda de forma individual. A lectura faise no chan e, mentres esperan a súa quenda, realizarán actividades de lectura e escritura sobre temática canina coa persoa do equipo de apoio.

 

O éxito do Programa READ de lectura con cans céntrase na conexión de emocións que se establece entre o can e o neno ou nena que le para o animal. É un programa pioneiro en España, que chegou a Galicia en outubro, e O Grove é un dos primeiros concellos en apostar por esta iniciativa. Algúns dos beneficios que ten para os nenos e as nenas participantes son: aumento da motivación á lectura e do hábito lector; incremento da autoestima, seguridade e confianza en si mesmos; incremento da fluidez e a compresión lectora; mellora das habilidades sociais…

Otras notas de esta fuente
 

Ayúdanos a mejorar Presspeople con tus sugerencias y comentarios sobre el funcionamiento o el diseño de la web