Contacto y sugerencias

NP - Conferencia LAS LAGUNAS DEL ÉXITO

, por

A Casa de Galicia acolleu a conferencia "As lagoas do éxito", da "coach" Rosa Algarrada

Organizada por Aegama, completouse cunha introdución ao uso do correo electrónico na actualidade, por Ana Román
Madrid, 20 de xaneiro 2016.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a conferencia "As lagoas do éxito", organizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) e Coaching Lyskam e impartida pola "coach" Rosa Algarrada, directora de proxectos de Coaching Lyskam, que se completou coa introdución á temática "O email na actualidade" e a súa validez xurídica, que estivo a cargo da "country manager" de Alinto Ana Román.

O acto foi introducido polo xerente de Aegama, José Cerdeira, que o enmarcou na programación habitual da Asociación para dar a coñecer entre os seus membros a actividade dos seus asociados. As conferenciantes foron presentadas por Jesús Alonso Segoviano, presidente de honra de Coaching Lyskam, empresa asociada en Aegama, quen alertou da necesidade dun cambio de mentalidade empresarial que axunte a visión local e global e o sentido común co coñecemento. Finalmente, o acto foi clausurado polo vicepresidente de Aegama para Pemes, Casimiro Masager.

A conferencia de Algarrada tivo como puntos crave: a motivación das persoas; o liderado aberto; a escoita, a comunicación directa e respectuosa; o compromiso, os entusiasmos compartidos e o logro. O propósito da conferencia era "axuntar o noso propósito vital coa actividade que desempeñamos. Para buscar un sentido en nós mesmos e no tipo de sociedade que imos creando. Un segundo fin é como moderar o noso frenético ritmo de vida, incrementar os nosos niveis de conciencia e de eficiencia, así como activar a clave do cambio social e conseguir unha nova forma de ser, de estar e de pensar. Un cambio de mentalidade para tratarnos e comunicarnos mellor no contexto empresarial e social. Unha tarefa para os profesionais do coaching".

A de Román tomou o punto de vista do usuario e trato sobre a importancia da concienciación e do cambio nos hábitos da comunicación interna na empresa, trucos e consellos para mellorar a produtividade, a xestión da bandexa de correos de entrada do correo electrónico, o aumento da seguridade, o uso do email en smartphones e a importancia da sincronización.

Departamento: Prensa

Compárteo:

Imaxes
Otras notas de esta fuente
 

Ayúdanos a mejorar Presspeople con tus sugerencias y comentarios sobre el funcionamiento o el diseño de la web