Contacto y sugerencias

A obra gráfica de Juan Uslé dialoga coa poesía de Enrique Juncosa en ‘Estepas’, a nova exposición de Lab_In

, por

O secretario xeral de Cultura destacou a simbiose entre a imaxe e a palabra que caracteriza a mostra, que se poderá visitar ata o 28 de setembro na galería viguesa

  • Cartel da exposición

Vigo, 7 de xullo de 2015.- ‘Estepas’ é o título baixo o que se presenta o novo proxecto da galería Lab_In, unha exposición dedicada a Juan Uslé (1954) na que a obra gráfica do artista santanderino dialoga coa poesía do escritor e crítico de arte Enrique Juncosa (1961) a través de seis estampas dixitais e outros tantos poemas.

A súa creatividade conforma unha proposta híbrida que foi inaugurada esta tarde nun acto no que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o intercambio de experiencias entre dúas voces, a de Juan Uslé e a de Enrique Juncosa, que ocupan un lugar destacado no panorama artístico actual.

Simbiose entre imaxe e poesía
Na súa intervención, tamén recordou que, en xullo de 2014, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inauguraba ‘Luz escura’, unha mostra monográfica de Juan Uslé con 50 das súas pinturas negras pertencentes á serie ‘Soñé que revelabas’. “Un ano despois, aquí en Vigo –dixo– atopámonos coa sorte de poder achegarnos a este novo proxecto creativo do artista, baseado na simbiose entre a imaxe e a poesía, entre a palabra e a ilustración”.

Nas seis pezas que presenta a exposición, Juan Uslé, artista convidado da próxima edición de Estampa (Feira de Arte Contemporánea) a construción e o lirismo combínanse para crear espazos singulares asociados aos seis poemas de Enrique Juncosa a través da mancha, a cor e mais o trazo. A abstracción lírica propia de Uslé volve estar presente na creación destas estampas, mediante as que impulsa a subxectividade e o simbólico con recursos como franxas horizontais ou círculos que se superpoñen ou transparentan a partir de xogos coa cor.

A exposición ‘Estepas’ poderá visitar na galería Lab_in ata o vindeiro 28 de setembro.

Otras notas de esta fuente
 

Ayúdanos a mejorar Presspeople con tus sugerencias y comentarios sobre el funcionamiento o el diseño de la web